1 de feb. de 2019

Día da paz


Para conmemorar o día da Paz, durante uns días as nenas e nenos do cole pasaron pola biblioteca para ser fotografados xunto aos seus mellores amigos. Baixo o lema "convivimos para a paz", empapelamos os corredores con esta fermosa mensaxe en forma de fotos: sabemos ser amigos, podemos facer sentir ben aos demais, sempre hai espazo para unha aperta e todos podemos facer do cole un lugar mellor.





















A Popi encantoulle vervos tan unidos!

12 de xan. de 2019

Novidades

Popi convídavos a desfrutar das novas incorporacións da nosa biblioteca. Rápido, que voan!






CLUB DE LECTURA

Presentamos aos integrantes do Club de Lectura. Durante o primeiro trimestre leron "Palabras de Caramelo" e "Escarlatina, a cociñeira defunta". Son grandes lectores!

20 de dec. de 2018

Papa Noel pasou pola biblioteca

Papa Noel pasou pola biblioteca... e sabedes o que nos deixou? Un montón de fotos de cando eramos pequen@s!



Desexámosvos unhas felices festas, vémonos en 2019!

26 de nov. de 2018

25-N

Para conmemorar o 25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a biblioteca púxose en marcha un taller de siluetas de mans.



Durante uns días, alumnas e alumnos de todos os cursos de Primaria foron pasando pola biblioteca para debuxar a súa man.


























Un sinxelo xesto co que unha vez máis, o pequeno gran de area de cada nen@ vai facendo unha fermosa montaña.




Este é o resultado final. O CEIP Nosa Señora dos Remedios contra a violencia de xénero!









4 de nov. de 2018

Un cole terrorífico

Este ano a temática para a celebración do Samaín foron os "coles terroríficos". O cole decorouse para a ocasión, e ademais, os nenos e nenas fixeron unhas escalofriantes historias de medo... Mirade!















Durante o recreo desfrutamos da lectura de terroríficas historias grazas á colaboración dalgúns alumn@s:








Popi está desexando que chegue o Samaín do curso que vén para poder desfrutar outra vez da vosa creatividade e dos vosos disfraces!