15/11/2012

Club de lectura grupo A Xoeliki

O pasado luns 12 de Novembro tivemos a 1ª reunión do grupo A do Club de Lectura "Os Comelibros". O libro que lemos foi Xoeliki, de Abraham Carreiro. En xeral, o libro  gustounos  moito, pois os/as nenos/as e profes nos sentimos moi identificados co mundo da Internet e dos ordenadores. A medida que estivemos conversando as profes tentamos darlles algunhos consellos os/as rapaces para  poder navegar pola Internet con seguridade e incluso lles contamos algunha anécdota persoal.
Zaira fíxonos un pequeno resume do libr o e entre todos/as comentamos algunhos detalles, por exemplo cando a Xoeliki lle deron un "magicphone". 
Houbo un momento no que comentamos como eran as personaxes da historia e entre todos fomos desccribindo momentos e detalles curiosos. A personaxe máis interesante era "Maverick" porque é o Xefe Da Resistencia Pirata......
Foi un momento divertido, espero que nas próximas reunións siga sendo así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario