28/11/2012

Reunión "Os Comelibros"

O mércores da semana pasada reuniuse o grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" para poñer en común as nosas impresións sobre o libro que lemos "Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere".
Pasamos un rato moi agradable recordando anécdotas curiosas e características especiais dalgún dos personaxes, especialmente do protagonista, que tén unha habilidade especial para resolver os problemas.
O autor do libro é alemán pero o libro está traducido a máis de vinte idiomas diferentes. Non deixedes de lelo, que é moi divertido.
De aquí a mediados de decembro imos ler "Xoeliki", o libro que xa leron os do grupo A e nos dixeron que tamén era moi divertido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario