21/12/2012

Novas reunións do noso clube de lectura

O martes e mércores pasado reuníronse os grupos A e B do clube de lectura Os comelibros. 

No grupo A intercambiamos impresións sobre o libro "La niña de plata". Recordamos que a autora, a quen recibimos hai dous cursos, nos dixera que o libro foi inspirado na visión dunha nena estraña que se cruzara unha vez na súa vida.
Tomás amosou a súa preferencia por Rogata e Zaira ofreceunos un resumo do libro. Diversos alumnos expresaron a súa pena por algúns acontecementos terribles que conta o libro.
 En xeral o libro gustou moito pero os membros do grupo aínda deberán vencer a timidez e participar máis.

No grupo B falamos sobre Xoeliki, o último libro que lemos, onde un neno vive emocionantes aventuras que levan a un final...feliz?. Invitámosvos a descubrilo.
É un libro de Abraham Carreiro, escritor e ilustrador a quen tivemos o pracer de recibir no colexio o pasado curso. gustou moito a todos os alumnos. Sobre os personaxes, os preferidos son Xoeliki e a súa amiga Ari. 
Paula foi a alumna máis participativa. Animádevos para a seguinte.
Moitas grazas a Sara Vila e a Paula, que compartiron con todo o grupo un biscoito e unha torta de mazás deliciosas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario