10/06/2013

Encontro con An Alfaya

O pasado 6 de xuño  as alumnas/os es profesoras do club de lectura “Os Comelibros” tivemos ocasión de desfrutar dun encontro coa escritora An Alfaya, autora do libro Unha xanela para Cecilia, que eliximos para ler este ano. An ofreceunos unha amena charla onde repasou a súa traxectoria e lembrou para nós as súas primeiras experiencias como escritora  sendo aínda unha nena, e como a escrita lle serviu durante moito tempo para canalizar a todas aquelas cousas  que a súa timidez lle impedía expresar directamente.
Os alumnos e alumnas entregáronlle algúns debuxos inspirados na súa obra e ela escribiulles dedicatorias nas copias dos mesmos. Tamén adicou un exemplar do seu libro para a biblioteca do colexio.
Grazas, An, pola túa simpatía e amabibilidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario