28/11/2013

OS COMELIBROS

Hoxe imos falar un pouquiño máis do clube de lectura, OS COMELIBROS.
Este curso contamos con dous grupos. 
A primeira reunión do curso foi o día 15 de OUTUBRO. Este día os nosos comelibros recibiron instruccións básicas sobre o noso clube de lectura!
O día 12 de NOVEMBRO, tivemos a segunda reunión.
O grupo A está a ler "O CARTEIRO DE BAGDAD" de Marcos Calveiro.
O grupo B, tras ler a "XOELIKI" de Abraham Carreiro,  está a experimentar a lectura nun libro electrónico  ca historia "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" de Gerónimo Stilton.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das nosas reunións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario