27/06/2014

VISITA DE MARCOS CALVEIRO

O día 10 de Xuño tivemos a sorte de ter entre nós a Marcos Calveiro, autor de "El Samurai del Rey" e "O Carteiro de Bagdad", dous dos libros que Os Comelibros tiveron a oportunidade de ler.


Esta reunión do clube de lectura foi especial porque os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de escoitar ao autor de ditos libros. 
Marcos Calveiro fixo unha presentación na que nos explicou por que se decidiu a escribir "El Samurai del Rey", así como a situación histórica da súa novela.
Tras a presentación tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra. Aínda que tamén contestou a preguntas persoais feitas por os curiosos Comelibros.
Fixémoslle un pequeno agasallo dende o Equipo de Biblioteca e tamén uns debuxos feitos polos rapaces e rapazas sobre o seu libro.
Asinou autografos a todos e todas! 
Aquí deixamos proba de como trascorreu a visita!


Despois de todo isto, fixémoslle unha pequena entrevista para a nosa Radio Faladora, así que todos os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer un pouquiño mellor a este gran escritor!


Dende aquí non podemos máis que agradecerlle a súa visita. MOITAS GRAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario