24/02/2015

CONCURSO DO MES DA POESÍA

MES DA POESÍA
Do 24 de febreiro (día de Rosalía) ó 21 de marzo (Día Mundial da Poesía)
Este curso desde o equipo da biblioteca propoñemos para a celebración do mes da poesía a elaboración de caligramas poéticos.
O certame rexirase polas seguintes BASES:
1.   Os participantes elaborarán un caligrama poético.
2.   A participación poderá ser individual ou en grupo.  
3.  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º poderán copiar as poesías.
4.  Os alumnos e alumnas de 3º e 4º poderán completar poesías dándolles algún verso.
5.  As alumnas e alumnos de 5º e 6ºdeberán crear poesía e debuxo.   
6.  A elaboración dos caligramas en Infantil queda a criterio das profesoras.
7.   Os tamaños aceptables serán os seguintes:
            A4 ou A5 para traballos individuais de Primaria
            A3, A4 ou A5 para traballos grupais de Primaria
            Tamaño libre para Infantil
8.  Data límite de entrega de traballos: 19 de marzo.

9.   O caligrama gañador será publicado na revista “A Pita Faladora”

                 ALGÚNS EXEMPLOS DE CALIGRAMAS 



Ningún comentario:

Publicar un comentario