11 de xuño de 2015

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ FERREIRO

Hoxe OS COMELIBROS tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca! O escritor, Xavier Estévez Ferreiro veu para falarnos de "A LENDA DO REI LOBO" e de moitos outros libros seus e doutros autores! Pasámolo en grande!! Fixo unha presentación mooooooi interesante e puidemos facerlle unha chea de preguntas! Non só nos contestou a todo con moita paciencia senón que nos firmou a todos unha adicatoria! Ademáis prestouse para facer unha entrevista para a NOSA RADIO FALADORA, que podedes escoitar dende a páxina principal da web do colexio, ou premendo no enlace que tedes dende este blog.
En agradecemento pola súa visita, fixémoslle un agasallo, un pequeno album cos nosos debuxos do seu libro que lemos este curso no clube de lectura. Fíxolle moita ilusión e a nós moita máis ao vermos o moito que lle gustou!
Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita e esperamos que volva outra vez polo centro! Foi un pracer coñecer a este gran escritor!!
Aquí vos deixamos un breve resumo de como trascorreu este encontro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario