18/11/2015

O NOVO XOGO DA BIBLIOTECA

POPI EXPLORADORA

Este curso atopámonos cun novo Xogo Da Biblioteca e coma calquera xogo ten as súas normas!Velaquí tendes a deste en particular, ledeas con moita atención!!

NORMAS DO XOGO

1.          O xogo consiste en explorar na biblioteca e contarlles aos demais o que atopamos e como o atopamos.
2.         Cada participante debe buscar a información. Pódese pedir axuda aos axudantes, pero non se pode copiar.
3.          Primeiro búscase a resposta a unha ou varias preguntas seguindo as pistas que dá Popi Exploradora.
4.          A información escríbese nos impresos que hai na biblioteca e introdúcense na caixa da Popi Exploradora.
5.          Escríbense diferentes textos para compartir a información cos compañeiros e compañeiras do colexio.

6.          Algúns dos textos lense na radio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario