20/01/2016

NOVA MALETA PARA PAIS E PROFES

Temos ata o entroido unha nova maleta emprestada pola consellería. Nela hai 37 libros e 3 películas. A maioría dos libros están destinados á lectura dos rapaces e rapazas pero tamén hai algúns que parecen moi interesantes tanto para profesores como para pais/nais. Desde o equipo da biblioteca convidámosvos a botarlles unha ollada antes de que marchen coa finalidade de coñecelos. Os que son para a lectura infantil están na cesta e os de adultos( pais, profes) na sección de novidades.
Premede na seguinte imaxe para ver os títulos que podedes atopar na nova maleta!


Ningún comentario:

Publicar un comentario