30 de maio de 2016

VISITA DE LEDICIA COSTAS


O PASADO 26 DE MAIO TIVEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR COA PRESENCIA DE LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA! OS NOSOS COMELIBROS ESTABAN ENCANTADOS, XA QUE DESPOIS DE LEREN "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" ADOECÍAN POR COÑECELA.
AÍNDA QUE NON SÓ OS NOSOS COMELIBROS TIVERON A OPORTUNIDADE DE COÑECELA MELLOR, XA QUE ESTIVEMOS ACOMPAÑADOS POR MESTRAS, ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.
ANTES DE QUE LEDICIA CHEGASE AO COLE, REUNIMONOS TODOS NA BIBLIO, PARA ESTAR PREPARADOS PARA CANDO CHEGASE. FIXÉMOSLLE UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN E DE SEGUIDO NOS FALOU SOBRE O LIBRO QUE LEMOS NO CLUBE DE LECTURA E SOBRE OUTRAS DAS SÙAS OBRAS. CONTOUNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE ELA E OS SEUS LIBROS E CONTESTOU A TODAS AS PREGUNTAS QUE LLE FIXEMOS.
ANTES DE FIRMARNOS OS LIBROS, DEMOSLLE UNS AGASALLIÑOS, ENTRE ELES UNS LIBROS FEITOS POR NÓS CON DEBUXOS E INFORMACIÓN SOBRE "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"
ACEPTOU ENCANTADA A NOSA INVITACIÓN Á RADIO FALADORA, ONDE GRAVAMOS UNHA ENTREVISTA MOOOOI INTERESANTE! ASÍ, TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DO COLEXIO POIDERON SABER UN CHISQUIÑO MÁIS SOBRE ELA.
TAMÉN TIVEMOS SESIÓN DE FOTOS EN GRUPO!
LEDICIA, FOI UN PRACER TERTE DE ESCRITORA CONVIDADA NO COLE!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENIÑO RESUMO DE COMO FOI A NOSA MAÑÁ COA VISITA DESTA GRAN ESCRITORA GALEGA.

VISITA LEDICIA COSTAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario