30/05/2017

Traballo por proxectos e a biblioteca

Dende hai varios cursos, estamos colaborando coas titoras de Primaria que traballan por proxectos ofrecéndolles bibliografía para levar á aula ou para consultar na propia biblioteca.

Este curso segumios con esta colaboración e paticipamos coas titoras de 1º nos proxectos A semana das mans e As follas do noso patio.



A semana das mans relacionouse co corpo humano, as súas partes, hábitos saudables...



Neste,a partir das follas do noso patio estudamos os tipos de plantas, as súas partes, os nomes vulgares e científicos... Para rematar o proxecto construímos un herbario.


Pero ademais destes proxectos, decidimos dar un paso máis e organizamos un proxecto en conxunto: Pitiños, un proxecto do ovo á galiña.

A colaboración pola nosa parte coas titoras de 1º consistíu en:

  • Poñer a disposición das familias os nosos ordenadores e a bibliografía para que puidesen facer o traballo de pescuda.
  • Poñer a disposición das titoras a maleta viaxeira chea de libros relacionados co proxecto.
  • Axudarlle ao alumnado de 1º nos recreos a atopar libros de literatura relacionados co proxecto.
  • Poñer a disposición das titoras o espazo da biblioteca para realizar a actividade de robótica "Na procura do pitiño lector".












Pinchando na seguinte imaxe poderase seguir o proxecto paso a paso.





Ningún comentario:

Publicar un comentario